sábado, 14 de julio de 2012

Comenzan os Domingos Frescos!

Mañá, 15 de xullo, é o día que marca en certa maneira o inicio da tempada de verán na Mariña -aínda que o tempo todavía non acompañe moito...
E mañá tamén empezan os nosos Mercados de Verán. Este primeiro Domingo Fresco, é o Día da Leituga, vexetal que ateiga as hortas da Mariña nestes momentos.

Leitugas mariñanas agardando ...



Na Praza da Catedral, a partir das 10:30 e ata a hora de comer, a leituga será a protagonista indiscutible das actividades programadas:

__ O "show-cooking", a cargo da cociñeira Rocío de la Campa, de Eco Proyect Sada, quen elaborará varias receitas: orixinais ensaladas, cremas quentes e outras innovadoras propostas

__ Haberá unha degustación destes platos.

__ Comenzará as súas emisións a radio dos Mercados, Radio Rabiza, que, a cargo de Ton Arenas, de Mircromina Teatro, descubrirános datos e curiosidades da leituga, e entrevistará a productores e asistentes.

__ E haberá tamén un obradoiro de reciclaxe para xente de todas as idades.


Achegádevos a desfrutar dos Domingos Frescos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario