Os Viravolta revisan neste espectáculo un clásico das feiras e festas galegas, o Pavillón da Risa de Barriga Verde, tan popular que rematou por designar aos propios monicreques. É un personaxe irreverente, que cuestiona o poder e que remata coa clara frase de "Morreu o demo, acabouse a peseta".
+ + + a partir das 20:30 horas + + +
Teira-e-Pedreira supón a unión de dúas interesantísimas sensibilidades da música galega: a da nosa conveciña Uxía Pedreira e a do guitarrista Marcos Teira, membros ambos da mítica banda Marful. No seu espectáculo, temas desta formación xunto a versos dos poemas en galego de Lorca, musicados.
+ + + a partir das 22:30 horas + + +
No hay comentarios:
Publicar un comentario