Os participantes



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


El Japo de Ryoji



A falta dun nombre definitivo nós puxémoslle éste tan obvio, tan descriptivo, ó posto de comida xaponesa que nos visita dende hai semanas. Estamos encantados de ter un representante da cociña nipona, con tan pouca presencia na provincia, en Mondoñedo!

Sushi, polo teriyaki, currys e outros pratos desta fascinante gastronomía son servidos con arte e calidez por Ryoji e Raquel. O posto non ten perda: un faroliño, unha bandeira xaponesa e a enorme cometa cunha perca non deixan lugar a dúbidas.



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Ariel Ninas



A sanfona non e un instrumento, é unha máquina de tecer sons.



A sanfona é un eco-computador, un híbrido dun molinillo de café e un violín, un sintetizador medieval.... Todas estas cousas e algunha máis na imaxinación do ouvinte son as que recrea Ariel Ninas, artista que nunca perdeu o tempo en adicarse a unha soa cousa entendendo que a riqueza está na combinación de outras moitas.



Se a esta máquina de coser con teclado lle sumamos efectos electrónicos, unha pedaleira para gravarse a si mesma e lanzar secuencias repetidas en loops temos un show feito por unha soa persoa que ás veces semellan unha pequena orquestra.



Ademais do instrumento de manivela, este recital terá outros convidados de peto, compañeiros de viaxe no universo persoal de Ariel Ninas, músico non convencional que o mesmo che toca unha muiñeira techno, que un beguine, que unha improvisación sobre os sons da fraga tecido con asubios de paxaros.

 



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >






Sana Arte Sana




Baixo este suxestivo nome, Paz ven ós Mercados coas súas creacións, calzado feito a man en ganchillo e coiro, traballado con mimo para adaptarse incluso ós pés máis complicados e para darlles a todos eles protección e descanso. Unha das incondicionais dos mercados, non só de Mondoñedo senón de a Mariña toda, cunha proposta completamente propia e orixinal.




 Sana Arte Sana está prácticamente todos os días nos Mercados, Xoves e Domingos





>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Marina Oural Villapol


 A xudía e a faba son dúas que sempre andiveron ás voltas, engarabitan por paos ou fíos pra se daren bem na terra, e calquera delas sentan os corpos. Os seus nomes están ligados hai xa tempo... desde cando se lles chama 'judías' ás fabas polo menos... Fan boa danza con cocho, peixe ou outras viandas felices; e gostan de casar cocidas a lume lento.
O guiso nesta ocasión vai ter verde e branco do val de Lourenza: os produtos e a mao de obra veñen de Alaxe, aldea bela e vella.
As verduras que aquí van ir, foron cultivadas na súa maioría con maos e pés dalí, aínda sanos. A filla suma a súa forza e todos gañan en saúde.
A salada vai ser morna e con cebola do país no bocadiño.
Serán dous petiscos e quen sabe...pra lembrar sabores que as montañas gardan e así espallar ou non o dito, 'ao mellor nada se perde entre o azul e o verde'
Estades convidados!
MOV


Marina estivo con nós o Domingo Fresco 5 de agosto, encargándose da degustación no Día da Xudía






>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >



Djammal Nadjen

Este artista de rúa visitounos o domingo 5 de agosto, para traer á Praza da Catedral o espectáculo "Clown on Popping". Menudas risas botamos todos! Ritmo, malabares, clown, popping e moito desfrute.







>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >





Mircromina Teatro de Títeres




Mircromina é unha compañía de títeres afincada en Mondoñedo (Lugo). O teatro de Mircromina caracterízase por que todo, absolutamente todo, é de factura propia (teatriño, bonecos, escenografías, guións e mesmo gran parte da música...) e pola frescura e a viveza das tramas e os personaxes. Cunha estética moi coidada, o espectáculo de Mircromina "Vacacións no Mar" engaiolou a pequenos e grandes, o Xoves con Xeito 2 de agosto.



Mircromina, o Xoves con Xeito 2 de agosto na Praza do Concello





>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >





Revolta Natural





Revolta Natural é unha asociación que está integrada por diferentes persoas que teñen especial interese en participar activamente no desenvolvemento dun modo de vida sustentable, en conexión permanente coa natureza e comprometidas coa xeración de iniciativas sociais, culturais e económicas baseadas na conservación e promoción do medio natural.



A súa aportación ós Mercados de Verán é Écheoquehai, un posto de sopas frías no que nos ofrecen salmorejo, ajoblanco, vichyssoise, gazpacho de remolacha e outras delicias, e onde tamén podes atopar boliños preñados de verduras, galletas, pan de améndoa ... Unha proposta irresistible para o tempo de verán!




Écheoquehai, dende o Xoves con Xeito 26 de xullo con nós





>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >





Pajaritas Sin Más



Pajaritas Sin Más son Idaira Cabrera e Jessica Garcia. Entre as dúas realizan as súas coleccións totalmente a man. Comenzaron esta aventura apostando polas "pajaritas", símbolo de personalidade e estilo, e a día de hoxe tamén levan a ilustración ó mundo das "shopping bag", as zapatillas e a moda, converténdoas en auténticos lenzos para os seus traballos. Todos os artigos son únicos, non hai dous iguais, porque reivindican a prenda única que define a individualidade de cada un sen renunciar ás tendencias do momento. Be un paxariño sen máis! ♥






... Prevista a súa presenza en agosto nos Xoves con Xeito



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >



a xente das cores + wabiflow






A xente das cores é un obradoiro de serigrafía artesanal en Mondoñedo, deseña e estampa camisolas, inspiradas en Galicia. Wabiflow é un proxecto da deseñadora Julieta Vargas, gráficos aplicados sobre distintos soportes. Visita sus webs! onde atoparas infinidad de fotos dos procesos e traballos finais!





>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >






Stilosa Baratija


StilosaBaratija é unha marca de moda e complementos exclusivos que nace aproximadamente fai cinco anos co fin de mostrar á xente artículos distintos, actuais e orixinais. A idea principal deste proxecto é a utilización de materiais de baixo coste para a creación de produtos exclusivos, que a xente non pode atopar nunha tenda ao uso, de maneira que estea ao alcance de todo tipo de público.




 Prevista os Xoves con Xeito 16 e 30 de agosto





>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >



     

Naihte 




É o sobrenome dunha recén incorporada ás filas da nova artesanía; Naihte chegou ó mundo das labores por casualidade, cando quixo facerlle unha manta calcetada para o seu recén adoptado gatiño. Dende entón continuou investigando e aprendendo a calcetar e a ganchillar de forma autodidacta, coa dificultade engadida de ser zurda. Ese afán de seguir mellorando levouna recentemente a empezar a traballar telas e botóns forrados, aneis, e todo o que se lle poña por diante, mentras conta as súas experiencias e aventuras no blog www.naihte.blogspot.com, para animar á xente a que eles tampouco teñan medo a aprender e sorrir no intento.





Naihte visita os Xoves con Xeito o 2 de agosto ...




>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Zoila Gulín

Fai incursións na cestería contemporánea de xeito amateur e primando o sentido do humor nas súas pezas. Enormes cestas da colada, bolsos de man en papel de periódico, cestos para bici mesturando vimbio con flexes de palé ou os clásicos capachos revisados en tetra brick, son algunhas das cousas que lle gusta probar. Recibiu a súa formación básica nestas técnicas da man da mestra Lois Walpole no Obradoiro de Cesteiría do Rato (Lugo). Algúns traballos máis están á vista no seu Facebook.



Un posto que aparece e desaparece ... Calquer Xoves con Xeito o podes atopar!



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Noela Feal


É unha artesana da Mariña especializada na confección de bufandas, chales, toallas, colgadoiros, tapices e alfombras. As súas materias primas son a lá, o algodón e mesmo a roupa vella reciclada para facer as famosas farrapeiras.



Noela estreou os Xoves con Xeito con nós, o 19 de xullo



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Eco Proyect Sada 


Eco Proyect Sada tráenos dende esta localidade de As Mariñas coruñesas a súa proposta culinaria, centrada na cociña vexetariana elaborada con productos bio. Este posto de comida, que xa ten visitado un montón de mercados na nosa xeografía e que vai estar presente tamén en outras citas ineludibles do verán galego, forma parte dun proxecto máis amplo, adicado a difundir unha cultura consciente e ecolóxica en torno á alimentación dende unha perspectiva implicada nos cambios sociolóxicos globais, a sostenibilidade e o equilibrio medioambiental e que inclúe unha escola de cociña e a oferta de comida para levar, catering e venda de productos ecolóxicos.



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Títeres Cascanueces




É unha compañía afincada en Santiago de Compostela e liderada polo titiriteiro de orixe cubano Lázaro Duyos. Entre 1997 e 2003, xa afincado en Galicia, vaise creando o repertorio de teatro de títeres desta compañía, adicado especialmente ó público familiar, aínda que tamén ten obras específicas para el público adulto: "A Rúa das Pantasmas", "A República do Cabalo Morto", "Fausto", e outras.



... Títeres Cascanueces, o xoves 19, o primeiro con Xeito


>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Nasdrovia Teatro 


A compañía Nasdrovia, polifacética ela, nos traerá unha proposta músico-teatral na que fan un percorrido por temas musicais de xéneros moi variados pero que teñen dúas cousas en común: a primeira cousa que notaredes é que todos as recoñecemos como parte da banda sonora das nosas vidas; e a seguinte é que nos farán bailar irremediablemente. Non puidemos resistirnos a traelos para botar un pé enfrente da Catedral, e mesmo cantar con eles ...



Nasdrovia ha vir o 30 de agosto


>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Xesús Fraga

O xornalista Xesús Fraga ven de publicar en Alvarellos Editora o primeiro receitario completo de España baseado na cociña con froitos silvestres, "50 recetas con moras y otros frutos silvestres".  Propostas únicas para cociñar con amoras, grosellas, arandos ou framboesas.



Xesús estará con nós o último Domingo Fresco, o 2 de setembro, tempo de amorodos


>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >

MenudoLío


As rapazas de MenudoLío gozan creando a partir do reciclaxe; por iso moitos dos seus produtos son obxectos cotiáns que pasan a ter unha segunda mellor vida. Aínda que a nosa formación é totalmente amateur, e sendo esta a primeira posta en escena, apostamos forte polo pequeno detalle e a nota de cor. E por se isto fose pouco atrevémonos con receitas doces para rematar de engaiolar os nosos amigos ;-) En MenudoLío metémonos!!

Ademais nesta estrea colaboran con elas as artesáns de Brocheteando e Bisutería Fina!



A xente de MenudoLío aínda non teñen un lugar público na web adicado ás súas creacións; así que o que aquí tedes é unha primicia mundial!





MenudoLío, nos Xoves Frescos o 26 de xullo e o 2 de agosto ...



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >



Brocheteando



No posto de MenudoLío atoparemos tamén as creacións de Brocheteando; broches en fieltro ilustrados con retratos de nenas e animais, pezas únicas cun toque sempre naïf, ás veces inquedante ... Un fermoso traballo.





Sempre que veña MenudoLío, ven Brocheteando




>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >





Bisutería Fina



Tamén da man de MenudoLío, chegan ata os Xoves con Xeito as creacións de Bisutería Fina. Obra gráfica que atopa soporte en gargantillas e colares. A figuración levada ó límite da abstracción, e un gran traballo coas cores, caracterizan a obra de Bisutería Fina.



Con MenudoLío, Bisutería Fina


>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     > 

Porcos Mortos


É a marca para os proxectos de propaganda do trío de creadores formado por Pablo García,

Tania G. Mourelle e Daniel Bañobre, e nace como saída ás súas inquedanzas comunicativas
sociais. Ate o momento, PorcosMortos deseñan e producen camisetas, entendéndoas como soportes
de propaganda e ferramentas para a dispersión de mensaxes. Non por iso o proxecto está
pechado a outro tipo de soportes, sendo a elección deste tipo de soportes, circunstancial. Sendo PorcosMortos un proxecto novo, está ainda definindo os parámetros que o definen, pero
xa ten algunhas bases claras:
Sustentabilidade social e medioambiental: búsqueda do mellor xeito de realizar as
súas actividades respetando ás persoas e ó medio ambiente.
Obxetivo: propoñer ideas e actitudes que apunten a modelos sostibles social e
ambientalmente. Espertar, vitalizar e inflamar.
Independencia de recursos: empregar metodoloxías de traballo que permitan acadar
os obxetivos buscados cos recursos propios ou dispoñibles de xeito inmediato no
entorno.
Investigación: estudio, desenrolo e mellora das tecnoloxías e ferramentas necesarias
para acadar os obxetivos fixados.


Porcos Mortos, o 19 de xullo e o 16 de agosto.



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >





Alejandro Vargas + L.A.R. Legido



Jazz en longas improvisacións que fan flotar ó público, sumerxido na máxica atmósfera da música destes dous virtuosos: un, Vargas, do piano; outro, Legido, da batería e da percusión máis libre que podas imaxinar. Escoitalos ó aire libre é un luxo que non se repite moi a cotío... Unha ocasión a aproveitar.






O 19 de xullo, Xoves con Xeito




>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >





V de Vegetal

Silvia Méndez Alonso é bióloga e profesora, cun Máster en Medicina Natural por Santiago de Compostela, é experta en alimentación e nutrición sanas e naturais.

A bioloxía e a bioquímica, os sabores, colores e olores dos alimentos, e o amor pola arte culinaria enfocada dende un punto de vista eco-lóxico, sano e natural lle permiten ser unha alquimista na súa cociña e disfrutar transmitindo o que ten aprendido ó longo destes últimos anos, con mestras como Olga Cuevas, Montse Vallory o Montse Bradford. 


Nesta ocasión compartiráo con nós, nos Mercados de Verán, onde a través dos manxares que sirve no seu posto, tratará de atraernos cara a un xeito de alimentarnos máis saludable e consciente.



Calquer día a podedes atopar, ben nos Xoves con Xeito, ben nos Domingos Frescos



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >



Kimuru
 
Fala o propio Kimuru: "Kimuru é o intento de facer música que ninguén pode facer; é dicir, podes facer o exercicio de parecerte a Kimuru, pero é o intento de buscar dentro dun mesmo as cancións que realmente soñei; e é un proxecto a nivel sonoro. Non é ambicioso, pero conceptualmente, sí."

Kimuru ten pegado duro nunha emisora, Radio3, que nos encanta. E nos encanta escoitar os seus temas, obras mestras do surrealismo do cotiá.



Kimuru ven o Xoves con Xeito 16 de agosto, San Roque!




>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     > 


Mullet



A música de Mullet non se rixe por ningún criterio concreto. A música de Mullet non se rixe por ningún criterio abstracto. A música de Mullet non se rixe, a Dios gracias. Tocan todos os paus que se deixan tocar e fan, en definitiva, o que lles ven en gana: o que lles enche e o que lles baleira. Por iso en Mullet non hai roles, so casio. E xúbilo, que nunca falte o xúbilo.

O videoclip de "Puerto del Silencio", un dos temas de "Salmonete", o álbum que nos veñen presentar ós Mercados de Verán de Mondoñedo, ten gañado nen máis nen menos o Premio ó Mellor Videoclip do Festival de Cans!




Mullet veñen o 16 de agosto, Xoves con Xeito





 >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >




Títeres Alakrán 






Con Títeres Alakrán traemos ós Xoves con Xeito ás marionetas, os títeres de fío. Cunha manipulación de gran sutileza, o titiriteiro Borxa Insua constrúe un espectáculo moi enérxico, onde brilan estrelas invitadas como Jimmy Hendrix, Camarón de la Isla ou Ella Fitzgerald. O fío manexado con garra, ése é o selo de Alakrán.



O 19 de xullo, primer Xoves con Xeito



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     > 
    


Ksiloco Mimo - Clown 





Sergio Otero naceu en Venezuela en 1965 e iniciuse no mimo-clown e a pantomima con 17 anos. Ten traballado como actor en Venezuela, Colombia, España, Italia e Reino Unido, combinando ambas técnicas co  teatro de rúa e de sala, a música, a danza e os monigotes, entre outros.

Tráenos dous espectáculos ós Mercados de Veran: para os Xoves con Xeito, "Conversaciones a través del silencio"; e para os Domingos Frescos, "Wu Wang", as aventuras de Wang, unha personaxe creada por Sergio e que dende hai 20 anos o acompaña nos escenarios.


Ksiloco repite: un Xoves con Xeito, o 26; e un Domingo Fresco, o 29 de xullo.



>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >


Tonhito de Poi




Tonhito de Poi únese á troupe dos Mercados! Estamos encantados de que veña. É un artista inconfundible e polifacético. É tan archicoñecido que todos pensamos que sabemos o que imos ver nun dos seus espectáculos... pois que sepades que nos vai sorprender coa súa proposta en solitario, que mezcla música e historias.



Tonhito, o Xoves con Xeito 26 de xullo






>     >     >     >     >     >     >     >     >     >     >     > 


No hay comentarios:

Publicar un comentario