miércoles, 6 de agosto de 2014

este Xoves, nos Mercados...


Preparádevos, porque outro xoves máis voltamos coa programación máis entretida e para toda a familia. En vésperas da Medieval de Mondoñedo, e con todos os preparativos en marcha nas rúas, os Mercados propoñen un doble programa de teatro e música, coas actuacións de Teatro Ghazafelhos e Narf Trío.



O que traen os Ghazafelhos é o contacontos interactivo “Contos do lobo”, unha variedade de historias nas que teredes que estar moi atentos, porque como o propio nome do xénero indica, o público non só escoita e mira, senón que interactúa. A obra comenza ás 20:30 horas na Praza do Concello.


No mesmo lugar e previsto para as 22:30 horas, temos un novo concerto a ras do chan; nesta ocasión son os Narf Trío os que nos visitan. NARF TRIO presenta o disco-libro "Nas tardes escuras" (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de  Fran Pérez "Narf", no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.

O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.


Lembrade, a partir das 20:30 horas na Praza do Concello. Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario