miércoles, 30 de julio de 2014

Xoves 31 de xullo

Este xoves van estar con nós os rapaces de Asaco Circo, coa súa obra "Casal em risco". Esta compañía transforma cualquer espazo nun pequeno picadeiro de novo circo, onde a risa, o risco e o espectáculo están garantidos ao 100 por 100 e teñen cautivado a público de tódalas idades. Aquí vos deixamos un pequeno adianto... 



E despóis teremos a Najla Shami e Sérgio Tannus no apartado musical. Ela é unha cantante e compositora con raíces galegas, palestinas e arxentinas, que mezcla influencias de jazz, funk, world music e influencias africanas e brasileiras. Precisamente con Sérgio Tannus, multiinstrumentista, ten publicado no 2012 un álbum titulado Son Brasilego.






Lembrade, na Praza do Concello, os títeres a partir das 20:30 horas, a música dende as 22:30 horas. Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario