martes, 24 de julio de 2012

Este Xoves, nos Mercados de Verán, Tonhito de Poi!


A programación que os Mercados de Verán están traendo a Mondoñedo este ano é variada, ampla, e vai reunir a algúns dos mellores músicos e artistas de Galicia nos dous espazos onde se celebra, as prazas da Catedral e do Concello.

Este xoves 26 de xullo, a este elenco de luxo co que contamos vanse unir dous grandes artistas.

Un deles é Sergio Otero, que nos visita como Ksiloco Mimo Clown e que nos vai traer o seu espectáculo "Conversaciones a través del silencio". A técnica de Sergio é prodixiosa, e nas súas historias sempre se equilibran o humor, a beleza, a ironía e a sutileza en doses que é moi recomendable recibir. A actuación será a partir das 8 da tarde.

E ás 10 da noite, para ofrecernos o concerto deste Xoves con Xeito, contamos coa excepcional presencia de Tonhito de Poi. Artista polifacético, espírito incombustible, ven a acompañarnos e a traernos a súa proposta en solitario, na que se unen música e contos.

Non o perdades!
Este Xoves, ven ós Mercados de Verán de Mondoñedo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario