lunes, 13 de agosto de 2012

Avance da programación da semana


Esta semana, con Mondoñedo de resaca do Medieval, voltan os Mercados de Verán. Para que vaiades abrindo boca, presentamos a programación que vai vir ...


 O Xoves con Xeito 16 de Agosto 
 San Roquiño bendito, na Praza do Concello, teremos a


 >  >  > AsacocircO a partir das 8 e media. 

>  >  >os cañeiros Mullet primeiro e os sublimes Kimuru despóis, a partir das 10.
  Indie pop-rock lucense do bon!!




E o Domingo Fresco 19 de Agosto 
ide abrindo boca...



>   >   > será o DÍA DO TOMATE, e teremos degustación gratuita

>  >  > haberá tamén animación de rúa e obradoiros para os pequenos

>  >  >  virán os mellores postos de verdulería, doces e artesanía variada, comidas para gostar in situ ou levar ...

>  >  >  e RAdio RAbiza contando todo e falando de todo un pouco, en riguroso directo 


Coma tódolos domingos, na Praza da Catedral a partir das 10 e media da mañá.



Como din uns por ahí,  "vente, pásate, tómate algo, conoce gente, cómprate un broche y cómete un rollito de primavera macrobiótico". Onde? En Mondoñedo, nas Prazas do Concello e da Catedral!

No hay comentarios:

Publicar un comentario