miércoles, 29 de agosto de 2012

Razóns para vir > • > • •


• > > • • Se ainda non pasache polos mercados aqui tes algunhas razóns para facelo • > > • •

>> Recibir ó solpor na praciña, ou saúdar á mañá frente á Catedral. Tedes notado o limpo que é o aire en Mondoñedo? E qué bonitas son as súas prazas...




> > > Escoitar a bos músicos facendo boa música, disfrutar dos títeres e do teatro de rúa en familia... Este ano visitáronnos grandes artistas; algúns coñecidos; outros, xente da que (case) ninguén tiña noticia antes de velos nos Mercados.







>> Descubrir a novos artesanos e deseñadores que tamén se descubren entre sí e traman futuras alianzas. Un descanso para os ollos cansados de ver sempre o mesmo mercadiño tras mercadiño, aquí, en Sanxenxo ou en Ibiza... A semente dun futuro colectivo de artistas-artesanos-vendedores ...








>> E non esquecer a comida ... Sabores do mundo, comida vexetariana e macrobiótica, comida italiana, , guisos terapéuticos, mesmo sopas frías que refrescaron un verán que foi tropical en Mondoñedo. Degustacións gratuitas dos productos do día, elaboradas por bos cociñeiros da contorna, coas cousas que fan crecer aquí e agora os agricultores da comarca."




No hay comentarios:

Publicar un comentario