miércoles, 31 de julio de 2013

O Xoves 1 de agosto, títeres e música irlandesa nos Mercados

Coa vaga de calor africano de novo por aquí, agardámosvos un Xoves con Xeito máis, a partir das 19:30 horas, para desfrutar do verán na bonita Praza do Concello de Mondoñedo.

 Estaremos fresquiños, teremos comida xaponesa, as terrazas a pleno rendimento, visitaránnos novos artesáns que nunca antes pasaran polos Mercados e outros xa coñecidos...



... e poderemos desfrutar dunha divertida programación que dará comenzo ás 20:30 horas coa obra para tódolos públicos "Cinco historias para unha man", da compañía Spaguetti Títeres: un fermoso poema sen palabras, que apenas con algúns sons e onomatopeias está cheo de expresividade.



E a partir das 22:30 horas, a actuación de Breixa, un grupo da Mariña que lle da á música irlandesa e de ráiz céltica. Roberto Sala, músico barcelonés afincado en Reinante, membro fundador de grupos de música antiga como Martín Códax e Acibreira, e flamante profesor de Gaitaescola de Masma capitanea a un grupo de experimentados e cañeiros músicos que xa levan tempo tocando xuntos, pero estrean nome en Mondoñedo...

Vinde a Mondoñedo abrir boca antes de Pardiñas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario