Este Domingo Fresco, día 28, imos adicalo ó tomate, esa hortaliza tan presente en tódalas mesas. Xa sabedes que procuramos presentarvos formas de cociñar as verduras un chisco diferentes do habitual, e para iso este Domingo contamos coa colaboración da xente de Amodiño, unha tenda-bar de Ribadeo que se centra no producto ecolóxico, de proximidade e de tempada e que son uns expertos no de preparar tapas con vexetais.
![]() |
Unha imaxe da tenda-bar de Amodiño, en Ribadeo, o día da súa inauguración |
>> As degustacións, gratuitas, empezan arredor das 12:00 horas.
E no apartado musical, vainos visitar a Banda Municipal Xuvenil de Begonte&Rábade (ou Rábade&Begonte, tanto monta monta tanto, ou?), que de seguro animarán a mañá co seu ritmo.
>> A música arranca na Praza da Catedral a partir das 12:00 horas.
Agardamos que nos visitedes para compartir unha tranquila mañá de domingo en Mondoñedo. E como sempre, estarán os postos de verdura e os artesáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario