viernes, 19 de julio de 2013

Domingo Fresco 21 de xullo, Día do Cabaciño en Mondoñedo

Este domingo, nos Mercados de Verán de Mondoñedo, trataremos de achegarvos dun xeito orixinal ao CABACIÑO. Para eso, contamos coa participación do Restaurante Paprica, aberto en Lugo no ano 2007, e que conta cunha das cociñas máis innovadoras de Galicia.


na foto, salchicha artesanal de tenreira, porco, porro e améndoas+crema de queixo con herbas frescas+brotes variados que o Paprica preparou con motivo do Arde Lucus 2013

O seu chef, Álvaro Villasante, formouse con xente de talla no mundo gastronómico, entre eles Sergi Arola e Ángel Palacios en “La Broche” (Miami) e Ramón Freixa en “Racó d’en Freixa" (Barcelona), e actualmente forma parte do Grupo Nove que reúne a grandes restauradores do país.


Nas súas propias palabras "a cociña do Paprica é creativa e cambiante, xogando sempre co producto de tempada, sen desbotar nengún producto: todos me din algo, eu adícome a sacarlles o mellor partido".

Ademáis, visitaránnos a banda de gaitas Zuncurrundullo (Castroverde) e Radio Rabiza, a cargo da compañía escénica Mircromina, emitirá en directo.

+info (lugar e horarios)

Seguimos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario