miércoles, 17 de julio de 2013

... o Xoves 18 de xullo ...

... teremos con nós a Lila Teatro (Lugo) coa obra "Bestiario Estrafalario",  para tódolos públicos.





que de qué vai? coas súas propias palabras ...


"Que fai un can de palleiro preguntándolle a unha vaca hinduista que falaba cunha pita que corría trala pista dunha cabra narcisista que trepaba polas penas seguindo a un escarabello que escapaba dunha serpe que buscaba o paraíso e era amiga dunha porca refuxiada no Courel que andaba na procura dun peixe aerostático que voaba entre dúas augas e que ás veces se lle vía merendando polas tardes cun paxaro moi astuto que dicía ser un cuco ..."

non sabemos se virá a cabra, o escarabello ou o can de palleiro, ou todos eles, pero sí vos dicimos que paga a pena coñecer o traballo desta compañía de recente creación pero de grande experiencia escénica.

xa sabedes:

     >>>> na Praza do Concello

        >>>>>a partir das 20:30 horas!

      >>>>> e para tódolos públicos. para nenos, pero para adultos tamén!


No hay comentarios:

Publicar un comentario